viernes, enero 28, 2011

50 ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"

Eu son balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.
Así comeza a obra máis lida e vendida da literatura galega: Memorias dun neno galego de Xosé Neira Vilas, libro do que foron vendidos máis de 600.000 exemplares en linguas como o español, inglés, francés, alemán, ruso, búlgaro, chinés e mesmo esperanto. Convertida xa nunha obra da literatura universal, alcanza  a trixésimo primeira edición da man da editorial Galaxia que, con motivo do cincuenta aniversario da súa publicación, vai sacar unha edición especial  que conta coas ilustracións de  Xaquín Marín. Ademais o autor, director e actor  Cándido Pazó estrea unha adaptación teatral desta novela e da que haberá unha xira que arrincará o 4 de febreiro na Estrada logo da súa representación no Salón Teatro de Santiago esta fin de semana. Trátase dunha interpretación híbrida entre o monólogo e o "teatro unipersoal" coa que Pazó homenaxea a obra e o seu autor co gallo deste aniversario.




1 comentario:

Anónimo dijo...

hola son Víctor de 2ºa e quixera dicir que este libro encantoume cando o lin.