viernes, enero 28, 2011
50 ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE "MEMORIAS DUN NENO LABREGO"
Eu son balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.
Así comeza a obra máis lida e vendida da literatura galega: Memorias dun neno galego de Xosé Neira Vilas, libro do que foron vendidos máis de 600.000 exemplares en linguas como o español, inglés, francés, alemán, ruso, búlgaro, chinés e mesmo esperanto. Convertida xa nunha obra da literatura universal, alcanza a trixésimo primeira edición da man da editorial Galaxia que, con motivo do cincuenta aniversario da súa publicación, vai sacar unha edición especial que conta coas ilustracións de Xaquín Marín. Ademais o autor, director e actor Cándido Pazó estrea unha adaptación teatral desta novela e da que haberá unha xira que arrincará o 4 de febreiro na Estrada logo da súa representación no Salón Teatro de Santiago esta fin de semana. Trátase dunha interpretación híbrida entre o monólogo e o "teatro unipersoal" coa que Pazó homenaxea a obra e o seu autor co gallo deste aniversario.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
hola son Víctor de 2ºa e quixera dicir que este libro encantoume cando o lin.
Publicar un comentario