miércoles, enero 19, 2011

CONCURSO BIBLIOTECA CATABOIS

   O pasado xoves comezamos o concurso da biblioteca 2011. Participan seis grupos de alumn@as de distintos niveis.
   O texto e preguntas desta primeira semana foi o seguinte:
  
    Como xa sabedes, este ano adicámolo á "novela negra" ou policíaca. Así que por aí van os tiros( esperamos que apreciedes o enxeñosísimo xogo de palabras) neste primeiro cuestionario.
    Imos dar algunhas pistas : agora que voltamos do NADAL, enfrontámonos a un traballo DELICADO: Non, non falo de recuperar os suspensos, ese é un traballo duro, sen máis. Como este non é o mundo de ALICIA no País das Maravillas, haberá que porse a estudar e xa está. Mellor estuda ONDE NINGUÉN TE ATOPE, por exemplo nunha cidade lonxana e mítica como PETRA.......vaale, vaaale, non temos tempo de viaxar e estudar todos os días, haberá que estudar na propia habitación.....
   E agora as preguntas:

1-Que premio gañou este ano a escritora Giménez Bartlett? Cal é o seu nome de pila?
2-Como se titula a obra coa que gañou o premio?
3-Como se chama a detective que protagonizou moitas das súas novelas?
4-Que actriz encarnou á detective nun programa de televisión?
5-En que cidade naceu a escritora?


  Animamos a contestar estas preguntas. Publicaremos as respostas a próxima semana.
 
  Os nosos participantes xa as respostaron. Todos os grupos puntuaron mais as gañadoras foron : Desi, Naya, Alicia e Sara . Noraboa!.



  Aproveitamos para presentarvos á nosa mascota. Obsevaredes que a gatiña converteuse en detective.

No hay comentarios: