sábado, marzo 27, 2010
OS MEGATOXOS DA MAN DO CREADOR
Coñecédelo?
De seguro que o noso alumnado de 1º e 2º da ESO xa sabe quen é. Efectiviamente, como se pode ler no cartel de benvida, Anxo Fariña veunos visitar.
Trouxo canda el a Faísca, a Ruxe, a Ninfa, a Lúa..., mais tamén nos trouxo os Pelelliños, a Drunxel... e fíxonos partícipes do proceso de creación dos seus personaxes. Todo un luxo!
Descubriunos canta expresividade pode haber nunhas simples caixas de cartón; gozamos mentres nos debuxaba en vivo e en directo o que podería ser un novo personaxe dos Megatoxos, empregando como modelo un dos nosos alumnos; e aprendeunos que os monstros están aí, pero que podemos superalos.
Logo da visita, que pasou como un escintileo, e da dedicatoria de libros, Anxo accedeu a entrevistarse con dúas das "xornalistas" da nosa radio . Á volta destas pequenas vacacións, poderemos escoitar o programa.
E se aínda non lestes o último libro dos Megatoxos, pedídenolo na biblioteca.
Informarémosvos da saída da cuarta entrega.
Gozade das vacacións, gozade da lectura!

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Alégrome moito de que a radio continúe funcionando!
Publicar un comentario