jueves, marzo 04, 2010

NOVA SESIÓN DO NOSO CONCURSO SEMANAL

Ola de novo. Temos que avisarvos, o primeiro, que o noso concurso vai trasladarse dos xoves aos mércores a partir desta semana. Pero pode ser que a nosa entrada semanal no teñamos tempo de subila o propio mércores e siga aparecendo os xoves.

Pois ben, despois deste aviso, aquí van as contestacións da semana pasada:
1. O nome do escritor francés considerado o pai da ciencia-ficción, non fai falta que vos diga que é Jules Verne.
2. O programa que provocou o pánico en EEUU en 1938 foi a lectura de "La guerra de los mundos" de H.G. Wells por parte de Orson Welles no que facía un simulacro de invasión dos marciáns.
3. O personaxe e o título da película é Terminator que encarna Arnold Swarzenegger.

4. O fragmento pertence ao comezo da novela "El hombre invisible" de H.G. Wells.

Os gañadores desa semana foron os seguintes grupos e por esta orde:

1. VLAJ...............................5 puntos.
2. LOL LOL........................4 puntos.
3. LAS DANCE..................3 puntos.
4. FLY.................................2 puntos.
5. DOBLE JC...................... 1 punto.

Parece que as diferencias entre os primeiros, OS BLASFEMUDOS, e os seus competidores acórtanse un pouco, tras o espectacular avance dos VLAJ, pero aínda manteñen clara a súa posición privilexiada. Así que as cousas quedan como segue:

1. BLASFEMUDOS........................................................................21 puntos.
2. VLAJ...........................................................................................18 puntos.
3. FLY.............................................................................................17 puntos.
4. LOS LOL....................................................................................15 puntos.
5. LAS DANCE..............................................................................13 puntos.
Os do furgón da cola son 
6. DOBLE JC e VIDA CRISER, empatados.................................... 3 puntos.
8. AIRI..............................................................................................1 punto.
9. LOS NEGROS..............................................................................0 puntos.


Pasamos agora a copiar as preguntas correspondentes a esta semana.

O director de cine norteamericano Steven Spielberg inventouse un amigo imaxinario co que xogaba, falaba e se sentía menos só cando se divorciaron os seus pais. Co tempo, fixo unha película baseada nesta experiencia.
O diseño do personaxe protagonista custou un millón e medio de dólares e quedou tan feo que creron que asustaría aos nenos, mais, ao longo da película, consegue dar unha imaxe tenra, cariñosa e, incluso, indefensa.

1. Quen foi o diseñador deste personaxe?

Spielberg buscou tres actores infantís que poideran dar vida ao neno protagonista e aos seus irmáns.

2. Como se chaman estes tres actores?

Un dos tres nenos, solitario e amargado, necesita desesperadamente un amigo, aínda que veña doutro planeta.

3. Cal é o nome deste neno da película?

4. Como chega a el este amigo imaxinario?

5. Indica algunha cousa extraordinaria que el consiga facer gracias a esta criatura.

6. Como remata a historia?

7. Completade esta frase de Steven Spielberg que vos dará o título de dúas películas súas: "Creo que la película más importante que he hecho es........................................ pero la más personal es..................."

8. De cal destas dúas películas tratamos hoxe?

1 comentario:

naya1ºA dijo...

esta semana 3 puntaazoos!(: