miércoles, marzo 10, 2010
NOVA SESIÓN DO NOSO CONCURSO SEMANAL
Retomamos o noso concurso semanal, agora dos mércores, coas respostas as preguntas da semana anterior no que tratábamos dunha entrañable e xenial película da que todos nos lembramos.
1. O diseñador deste personaxe é Carlo Rombaldi.
2. Os tres actores chámanse Drew Barrymore, Henry Thomas, Robert MacNaugthon.
3. O nome deste neno é Elliot.
4. O amigo imaxinario veu nunha nave espacial que marcha sen el e, perdido, atópase con Elliot.
5. Elliot consegue levitar na bicicleta, facer subir bolas sen que caian.
6. A nave regresa a buscalo.
7. A frase de Spielberg é "Creo que la película más importante que he hecho es La lista de Schindler pero la más personal es ET"
Tralas puntuacións desta última semana, o concurso gaña en emoción pola cabeceira, pois BLASFEMUDOS seguen no primeiro posto pero cada vez máis de preto perseguidos por VLAJ. Máis emoción non pode pedirse!
1. VLAJ..................................................... 5 puntos.
2. BLASFEMUDOS..................................4 puntos.
3. LAS DANCE.........................................3 puntos.
4. VIDACRISER........................................2 puntos.
As puntuacións xerais quedan entón:
1. BLASFEMUDOS.................................25 puntos.
2. VLAJ......................................................22 puntos.
3. FLY.........................................................17 puntos.
4. LAS DANCE.........................................16 puntos.
5. LOS LOL................................................15 puntos.
6. VIDACRISER..........................................5 puntos.
7. DOBLE JC.............................................. 3 puntos.
8. AIRI............................................................ 1 punto.
Esta semana o tema segue sendo o cine, e neste caso... chegan os marcianos! Mesturamos ciencia ficción e comedia, da man dun dos máis nomeados directores de cine fantástico (que tamén é un fantástico director de cine, por certo).
Poñámonos serios: os marcianos chegan á terra, e o presidente dos Estados Unidos dubida entre seguir o consello dos científicos quse din que serán pacíficos, ou os militares que queren acabar con eles antes de que sexa demasiado tarde...
Unha película tola, que nos amosa ata que punto estamos tolos todos nós. Non deixedes de vela. As preguntas, lóxicamente, serán tolas tamén:
1. Tolos sí, pero parvos non! Cal é o título da peli?
2. E o mone do director?
3. Este director ten un "actor fetiche" que actúa en case todas as súas películas, pero non nesta... a quen nos referimos?
4. Xa sabedes quen interpreta o presidente dos EEUU? E a súa dona? Tedes que dicir os dou!
5. O deseño dos marcianos foi un éxito: chamativos, divertidos, maaalos... pero non orixinais, porque o director inspirouse en .... iso, iso,.... en que? Esta é a derradeira pregunta!
Sorte e coidado cos alieníxenas!!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario