sábado, marzo 27, 2010

OS MEGATOXOS DA MAN DO CREADOR

Coñecédelo?
De seguro que o noso alumnado de 1º e 2º da ESO xa sabe quen é. Efectiviamente, como se pode ler no cartel de benvida, Anxo Fariña veunos visitar.
Trouxo canda el a Faísca, a Ruxe, a Ninfa, a Lúa..., mais tamén nos trouxo os Pelelliños, a Drunxel... e fíxonos partícipes do proceso de creación dos seus personaxes. Todo un luxo!

Descubriunos canta expresividade pode haber nunhas simples caixas de cartón; gozamos mentres nos debuxaba en vivo e en directo o que podería ser un novo personaxe dos Megatoxos, empregando como modelo un dos nosos alumnos; e aprendeunos que os monstros están aí, pero que podemos superalos.

Logo da visita, que pasou como un escintileo, e da dedicatoria de libros, Anxo accedeu a entrevistarse con dúas das "xornalistas" da nosa radio . Á volta destas pequenas vacacións, poderemos escoitar o programa.

E se aínda non lestes o último libro dos Megatoxos, pedídenolo na biblioteca. 

Informarémosvos da saída da cuarta entrega.

Gozade das vacacións, gozade da lectura!

1 comentario:

Laura García dijo...

Alégrome moito de que a radio continúe funcionando!