lunes, mayo 11, 2009

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS




Ola a todos!
Dende o noso blog damos a benvida á Semana das Letras Galegas. Queremos informarvos dunha serie de actividades que imos ter para celebrala.
  • Xa hoxe, veredes no corredor central unha Exposición de Carteis sobre Ramón Piñeiro, o escritor, pensador e intelectual ao que se lle dedica este ano o día 17 de maio.
  • Tamén hoxe, nos acompañará o escritor Antón Cortizas, que xa coñecedes por algúns dos seus libros, e os de Pazos porque foi o que nos acompañou na inauguración da súa biblioteca.
  • Na nosa biblioteca temos algúns dos seus moitos libros, adicados fundamentalmente ao público infantil e xuvenil. Unha das súas confesadas afeccións son os xogos populares, aos que dedicou unha monumental enciclopedia: Chirlosmirlos (Xerais, 2001)
  • De poesía: Historias e algún percance todas ditas en romance (Galaxia, 1996)
  • De novela de misterio: O caso das chaves desaparecidas (Edelvives, 1993)
  • De novela da vida real: Onde o Sol non adormece (Xerais, 2003), Leonel (Xerais, 2001)
  • De novela fantástica: Memorias dun río, polo que acadou o Premio Barco de Vapor (Galardón que acadou en outras dúas ocasións con O conto dos sete medos, Os gritos das Illas Lobeiras); A merla de trapo co que acadou o Premio Merlín da Editorial Xerais en 2001.
  • Esperamos que disfrutedes coa súa charla e que fagades algún comentario no noso blog.
  • Xa iremos desvelando máis novidades cada día que inclúen excursións e recitais.
  • Feliz Semana das Letras Galegas!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola soy víctor de 1ºA y me gusto mucho el libro de Antón Cortizas " A MERLA DE TRAPO"

Anónimo dijo...

Hola. Soy Daniel de 3ºA. Me pareció muy interesante la charla de Antón Cortizas y espero que vuelva en otra ocasión.
Adiós.

Anónimo dijo...

foy moy interesante a charla de anton cortizas
Alex veiga 3b