jueves, mayo 14, 2009

CONCURSO DA BIBLIOTECA

O personaxe desta semana é un ilusionista canadiano, nacido no 1894, coñecido polos maos como "O PROFESOR" e "O MAGO QUE ENGANOU A HOUDINI".
O mago Harry Houdini dixo que era capaz de descubrir calquer truco de maxia con só velo tres veces. O noso personaxe repetiu ata oito veces o seu truco ante Houdini, sen que conseguise descubrilo.
Escribiu un libro con 25 trucos de maxia, que foi un gran éxito de ventas pero que a el non lle deixou beneficios porque vendera os seus dereitos por 20 dólares.
Nos anos 30 ideou un acto no que introduxo música e danza. Aprendeu a bailar e vestíase coma un paiaso para representalo.
Despois de vivir con moitos apuros económicos, pasou os 30 últimos anos da súa vida no Castelo Máxico (club privado da Academia das Artes Máxicas) onde recibía a ilusionistas de todo o mundo que querían aprender del.
Morreu no 1992 e os seus restos repousan no Castelo Máxico.

PREGUNTAS:
1. Nome do personaxe.
2. Título do truco co que conseguiu enganar a Houdini.
3. Título do seu libro con 25 trucos de maxia.
4. Título do actodos anos 30 no que danzaba e se vestía coma un paisano.
5. Onde se atopa o Castelo Máxico?

1 comentario:

DreamWriter dijo...

Hola! antes de nada, lo siento, en primer lugar porque tengo mi blog abandonado y para una persona que lo lee... jajaj debería escribir, pero es que verdaderamente no tengo nada de tiempo, casi no estoy utilizando i-net estos días a causa de los examenes. Gracias a dios qe todos los examenes todo me va bien^^ En fin... espero que por Catabois todo vaya bien.^^ un besito, se os echa de menos