Instalouse nun promontorio sobre o mar de Etruria e, desde alí, atraía aos mariñeiros, aos que cautivaba cos seus encantos para roubalos e convertelos en simples manadas de bestas.
O rei de Itaca volvía dunha famosa guerra cando foi arroxado por unha tempestade ás costas onde vivía a maga, que transforma aos seus compañeiros en porcos.
O rei consegue librarse do encantamento gracias a unha planta máxica chamada allo dourado, que lle foi entregada por un deus. A maga namórase do rei e retenno con ela durante un ano.
A maga era moi namoradiza e tamén se encapricha do máis fermoso dos deuses do mar e, por ciumes, converte á ninfa da que está namorado nunha deusa maléfica.
1. A que maga nos estamos referindo?
2. Como se chama actualmente o páis no que se instala a maga tras ser expulsada polos sármatas?
3. Quen era o rei de Itaca e de que guerra regresaba?
4. Que deus lle entrega ao rei a planta máxica?
5. Como se chamaba o fermoso rei do mar e a ninfa da que estaba namorado?
No hay comentarios:
Publicar un comentario