miércoles, febrero 18, 2009

RESPOSTAS DO CONCURSO DA BIBLIOTECA


Esta semana non temos o noso concurso dos xoves porque mañá día 19 a sesión coincide cunha saída dos 1ª a Fundación Caixa Galicia para visitar a Exposición das Vangardas. Así que quedades emplazados para o xoves 26 á volta das pequenas vacacións de antroido.
Pero sí como cada mércores imos recoller as respostas da semana anterior e as puntuacións correspondentes as mesmas.
Respostas da última sesión:
1. O nome artístico do personaxe é David Copperfield.
2. O nome real é David Seth Kotkin.
3. O nome do escritor inglés cuio libro leva o título do nome do personaxe é Charles Dickens.
4. O nomes do rei de Israel e do futbolista mencionados son o rei David e David Beckham.


Os equipos que puntuaron a semana anterior foron os seguintes:
1. Rosanova: 5 puntos.
2. Aris: 4 puntos.
3. Laud: 3 puntos.
4. Lujuria: 2 puntos.

Ben polo equipo de Rosanova que fai pleno dúas semanas seguidas. Alegrámonos moito polo equipo de Aris que acada os seus primeiros 4 puntiños. Ánimo que nada está decidido e queda moito concurso por diante. Por certo, que pasa coas compoñentes de Pecado Capital que levan dúas semanas sen puntuar e estan perdendo a súa vantaxe?

A clasificación, unha vez sumados estos puntos, queda como sigue:
1. En cabeza segue, aínda sen puntuar esta semana, Play con 16 puntos.
2. En segundo lugar, moi preto xa, Laud con 12 puntos.
3. En terceiro lugar, Los Fieras con 11 puntos.
4. En cuarto lugar, empatados Pecado Capital e Rosanova con 10 puntos.
6. En sexto lugar, Lujuria, con 9 puntos.
7. En séptimo lugar, empatados Los Flechas e Xema con 6 puntos.
9. En noveno lugar: Aris con 4 puntos.

Non deixedes de ler no antroido aínda que sexa co disfraz e comendo os freixos!

1 comentario:

Anónimo dijo...

hola soy dani de 1ªb estoy en el grupo los flechas las primeras semanas lo hicimos muy bien pero ahora peor.
!haber sí ganamos¡ adiós
dani 1b