jueves, febrero 12, 2009

CONCURSO. SEGUIMOS COA MAXIA


O personaxe desta semana é un ilusionista norteamericano de 52 anos.
Foi a persoa máis xoven admitida na Sociedade Americana de Magos. Tamén é o único mago que, en vida, conta cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.
No 1982 fundou o Proxecto Máxico, un programa de rehabilitación para axudar a pacentes minusválidos a recuperar a destreza e a habilidade perdidas.
Do 2 ao 18 de febreiro presentará un espectáculo titulado "An intimate evening of Grand Illusion" no MGM Gran Garden Arena de Las Vegas.
Entre os seus trucos mais famosos están: facer desaparecer a Estatua da Liberdade, levitar sobre o Gran Canón do Colorado e atravesar a Muralla China.
O seu nome artístico coincide co do título e protagonista dunha novela publicada en 1850 e escrita por un importante autor inglés.
O seu nome de pila é o mesmo co de moitos personaxes famosos, desde o rei de Israel que venceu ao temible xigante Goliat ata o dun futbolista inglés, moi relacionado co mundo da moda, e que xogou no Real Madrid e agora no Milán.

PREGUNTAS
1.-Nome artístico do personaxe.
2. Nome real.
3. Nome do escritor inglés cuio libro leva o título do nome do personaxe.
4. Nomes do rei de Israel e do futbolista mencionados.

No hay comentarios: