jueves, febrero 26, 2009

RETOMAMOS O NOSO CONCURSO DA BIBLIOTECA


Despois dun descansiño polo antroido, retomamos o noso concurso "Racha co feitizo!".


Mira ti por onde, non atopaba magos e maxia nas miñas lecturas e tíñao ben pertiño... As cousas son así!
Un profesor de Galego dun instituto moi coñecido por todos e todas, escribiu varias novelas. Nunha delas, cuio título fai referencia á tentación, hai moitas esceas nunha illa situada no Golfo de Guinea: é a antiga colonia española de Fernando Poo.
Nunha desas esceas, unha muller de cor salva dunhas crises de paludismo a un dos protagonistas. Nesa escea hai moito de moitas cousas pero tamén de exorcismos e conxuros que a moza aprendera do seu pai: un feiticeiro da etnia bubi.
Por se isto fose pouco, dámosvos dúas pistas infalibles:
Primeira: O nome da moza feiticeira é igual co dun famoso santuario portugués.
Segunda: Ao profesor de Galego encántalle que lle fagan publicidade nas cafeterías dos institutos.

PREGUNTAS:
1. Como se chama actualmente a illa de Fernando Poo?
2. Como se chama a moza feiticeira?
3. Quen é o autor da novela?
4. Como se titula a novela?

4 comentarios:

Chispa dijo...

Pois si que tedes ben "liado" todo. ¿Coñecerei a algún membro deses entusiastas equipos?
Felicidades a todos: profes e alumnado, e moito ánimo para seguir traballando.
Saúdos agarimosas e apertas.

Cataboisbiblio dijo...

Pues sí, Chispa, creo que te suenan algunos como Lucía, Giovanna, Edu... Gracias por tus cariñosos saludos.

Anónimo dijo...

Hola soy Víctor de 1ºa, ¿qué tal estas Chispa? yo no estoy en ningun equipo pero esta muy bien el concurso. Sí voy mucho a la biblioteca. Con cariño

Edu dijo...

Hola Chispa: soy Edu. Te extraño mucho. Me lo paso muy bien en el Concurso y vamos de primeros con Patricia, Lucía y Giovanna. Con cariño Edu
un saludo