jueves, febrero 05, 2009
NOVA SESIÓN DO NOSO CONCURSO
O personaxe desta semana é un mago distinto... en realidade, é tan curandeiro como mago, é sabio, poderoso, serio e divertido ás veces. É incluso un avanzado para o seu tempo, pois saca da natureza todo o que necesita para os seus preparados.
No ano 50 a.c. andaba pola zona da Bretaña francesa, entón chamada... teredes que contestar abaixo! Unha pista: Xulio César era emperador en Roma, e personaxe habitual nas historias nas que aparece o mago.
Os máis vellos na aldea o recordan sendo vello cando eles eran nenos, sempre coa súa longa barba branca e a túnica da mesma cor, aínda que se permite un toque alegre coa capa bermella.
Os principáis protagonistas das historietas nas que aparece (isto é unha pista) son un home con sobrepeso -el dí que está forte- e un tanto infantil, e outro bastante máis listo e con ás na "cabeza"..... en todolos sentidos: é certamente rápido de pensamento!
Ben, xa tedes pistas suficientes. Agora, as preguntas:
1.- Nome do mago protagonista. E outra cousa: no seu pobo non lle chaman mago ...cómo lle chaman?
2.- Cal é a ferramenta de traballo coa que recolle o muérdago? De qué está feita?
3.- Cómo lle chamaban os romanos ao territorio -país- no que vivía o mago?
4.- Un dos personaxes é repartidor, pero non de pizzas... (aínda non existían). Cómo se chama e qué é o que reparte?
5.- Cómo se chama o compañeiro e auténtico protagonista das historietas?
6.- Nomes do guionista e debuxante das historietas? Especificade!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario