martes, febrero 17, 2009
HENRIQUE NA RADIO GALEGA
O profesor do noso instituto, e escritor, Henrique Dacosta participará durante toda esta semana, desde o luns, día 16 de febreiro, até o venres, día 20, no programa da Radio Galega, “O Diario Cultural”. A emisión do programa, que comeza ás 15:00h., contará coa súa colaboración, en que lerá unha serie de fragmentos da súa obra Unha mada de doce relatos, premio en 2007 no XVI Certame de Narrativa Breve Carvalho Calero. Ocupará, xa que logo, o último segmento do programa, próximo ás 16:00h. Animámosvos a que o escoitedes e que vos fagades aditos desde xa de “O Diario Cultural”, sen dúbida do melloriño que hai na Radio Galega, o cal conta no seu haber con máis dun premio a nivel estatal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Onte xa escoitei a Henrique na radio estivo interesante
Hola. Son Daniel de 3ºA. Pareceme moi ben que Henrique participe na Radio
Galega. Ten moitisima sorte.
Publicar un comentario