jueves, mayo 02, 2013

VISITAMOS ALLARIZ E XANTAMOS CON GONZALO MOURE

O pasado 12 de abril foi un día especial para o noso club de lectura: fomos visitar Allariz. E que foi o que nos levou alí? Pois unha vez máis o gusto pola lectura e, concretamente, o desexo de atoparnos outra vez co noso querido escritor Gonzalo Moure.
 Nesta fermosa contorna tiñan organizado un encontro co mencionado autor e  nós fomos convidados polo IES de Allariz, a quen agradecemos enormemente a invitación. E non fomos sós, desde Ferrol viaxou tamén connosco alumnado do CEIP de Pazos.
A presentación correu a cargo de dúas alumnas do noso centro, Alba e Sasha, ambas estupendas sobre o escenario da casa de cultura, amosando a súa benquerencia por Gonzalo, da que é bo merecedor -xa o comprobastes todos e todas-  tanto polo seu labor literario como polo humano.
A charla serviunos tamén para coñecer esta cidade singular: os seus antigos monumentos, como a Igrexa de Santiago; as súas rúas empedradas; e, por suposto, o río Arnoia, fresco,  bulideiro, rodeado dun verde extraordinario.

 Tamén paseamos polo club de hípica, onde gozamos cos cabalos (unha das profes ata comprobou o estado do firme) e coa conversa próxima e doce de Gonzalo e visitamos os museos do coiro e  do xoguete, onde nos falaron da existencia dun home lobo.


Foi un día estupendo. Agora estamos agardando que nos devolvan a visita os alumnos de Allariz e que o pasen tan ben como o pasamos nós.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Fue una sorpresa. Tanto que me temo que me quedé sin poder de reacción. Y ha sido una de las cosas más emocionantes de mi vida de trotamundos, la verdad. La lealtad, el cariño más allá de todo, son las mejores virtudes del ser humano. Y el IES de Catabois enseña todo eso, además de curiosidad, solidaridad, ternura, lectura interiorizada y compartida. Muchas veces hacen falta razones para seguir caminando, pero todo lo sucedido en Allariz, con vosotros y con los alaricanos, fue más que una razón, fue un saco de razones. Las llevo ahora en un saquito, colgado del cuello.
Gonzalo.