VISITAMOS ALLARIZ E XANTAMOS CON GONZALO MOURE
O pasado 12 de abril foi un día especial para o noso club de lectura: fomos visitar Allariz. E que foi o que nos levou alí? Pois unha vez máis o gusto pola lectura e, concretamente, o desexo de atoparnos outra vez co noso querido escritor Gonzalo Moure.
Nesta fermosa contorna tiñan organizado un encontro co mencionado autor e nós fomos convidados polo IES de Allariz, a quen agradecemos enormemente a invitación. E non fomos sós, desde Ferrol viaxou tamén connosco alumnado do CEIP de Pazos.
A presentación correu a cargo de dúas alumnas do noso centro, Alba e Sasha, ambas estupendas sobre o escenario da casa de cultura, amosando a súa benquerencia por Gonzalo, da que é bo merecedor -xa o comprobastes todos e todas- tanto polo seu labor literario como polo humano.
Tamén paseamos polo club de hípica, onde gozamos cos cabalos (unha das profes ata comprobou o estado do firme) e coa conversa próxima e doce de Gonzalo e visitamos os museos do coiro e do xoguete, onde nos falaron da existencia dun home lobo.
Foi un día estupendo. Agora estamos agardando que nos devolvan a visita os alumnos de Allariz e que o pasen tan ben como o pasamos nós.
Comentarios
Gonzalo.