miércoles, mayo 15, 2013

CLUB DE LECTURA XUVENIL PRIMEIRO CICLO

 Malia que xa hai algún tempo que rematamos coa lectura do Principiño, aí van algún datos do autor e mais do libro dos que non falamos nas reunións.
 
Antoine de Saint-Exupéry (1.900, Lyon) nace no seo dunha familia da nobreza local. Pasará a súa infancia no castelo dos avós maternos coa nai e os catro irmáns, logo de morrerlle o pai cando tiña 4 anos. Viviu a experiencia do seu primeiro voo á idade de doce anos. Alistouse como piloto militar en l´Armeée de l´Air francesa .
Participou no rescate de varios compañeiros en terras africanas, caendo el mesmo prisioneiro no intento.

En 1.931 escribe o seu libro Vol de nuit (Voo nocturno) e casa coa escritora salvadoreña Consolo Suncin Sandoval de Gómez, que servirá de inspiración para a creación da rosa temperamental na súa obra cume: O Principiño. Será a muller que o acompañará ao longo da súa vida, protagonizando con ela unha tormentosa historia de amor.

Foi correspondente na guerra civil española.

No ano 1.942 empeza a escribir O Principiño en Nova York. Alí recibe a noticia da invasión de Francia polas tropas alemás. Sérvese da súa influencia para que os Estados Unidos participe na guerra europea de liberación. Permanece durante un ano en Alxer. Alí suxírenlle que abandone o exército, xa que conta co maior número de misións e horas de voo que todos os seus compañeiros. A súa resposta foi contundente:
  • "Imposible. Quedarei cos meus compañeiros ata o final".
O 31 de Xullo de 1.944, o seu avión, un Lockheed Lightning P-38 (coñecido tamén como F-5), estrelouse no mar. Unha pitonisa anuncioulle sendo aínda moi novo:
  • “Será aviador e un escritor famoso, pero afástese do mar, e a partir dos corenta anos desconfíe dos avións que vostede pilote”
A súa desaparición constituíu un misterio, ata que en 1.998 un pescador atopou unha pulseira de prata co seu nome. Cinco anos despois apareceron os restos do seu avión, próximos ao lugar no que aparecera a xoia. Antes de partir á que sería a súa última misión, deixou escrito:
  • ”Se me derruban non estrañarei nada. O formigueiro do futuro asústame e odio a súa virtude robótica. Eu nacín para xardineiro. Despídome, Antoine de Saint-Exupéry”.

"Eu  nacín para xardineiro". Que opinades vós? Lémbravos a algo esta afirmación?
 
Para a vindeira semana rematamos Cuando los árboles cantan.
 
Gozade coa lectura.

2 comentarios:

Irene Ramos dijo...

Resulta q la flor era la mujer ,por eso no la queria dejar sola y la tenía que cuidar.Es un libro muy bonito.

Anónimo dijo...

Boas, somos Cristel e Sasha, este libro demostrounos que non hay que perder a imaxinación, xa que é o máis preciado que ten unha mente. O Principiño axudounos a desenvolver esa imaxinación que algunhas persoas están a perder.