O xoves, os alumnos e alumnas de 1º da ESO foron á serra do Forgoselo. Cristina e Pedro, membros do Club de Montaña de Ferrol acompañáronos, e Pedro encargouse de amosarlles todo o que nos ofrece a natureza e que non reparamos canto imos de paseo polo campo.
Segundo nos contan desde o blogue de Bioloxía, a visita foi do máis interesante.
A Serra do Forgoselo esténdese polos concellos da Capela, As Pontes, San Sadurniño e As Somozas.
Isto podédelo ler nos caderniños das aulas verdes da montaña que nos agasallou Pedro. Non só os recomendamos o dedicado ao Forgoselo, esta serie de cadernos contén estoutros títulos: Mamíferos, Patrimonio, Anfibios, Árbores, Réptiles, Lume, Xeoloxía, Aves e Montes de Ferrol.
Podédelos pedir xa.
Na guía do Forgoselo tamén hai un apartado especial para o curro do Forgoselo onde se celebra a rapa das bestas o segundo domingo de xullo.
Gozade da lectura... e da natureza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario