
Empeza a publicar contos infantís cando o seu fillo é pequeno e destaca neste xénero. A súa primeira novela foi
Pequeno teatro. No 1952 recibe o Premio Café Gijón de novela, con
Fiesta al Noroeste. Logo virán outros premios como o Nadal, Planeta, Fastenrath da Real Academia, Lazarillo, etc. É despois dunha depresión que durou vinte anos sen escribir, cando volve con máis forza. No 1984 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil coa obra "Sólo un pie descalzo". No 1996 acadou un gran éxito con "Olvidado Rey Gudú". No ano 2000 publica "Aranmanoth" e no 2007 foi Premio Nacional das Letras Españolas. Nos Estados Unidos adquire moito prestixio e fanse numerosas teses doctorais sobre a súa obra. E no 2010, o Premio Cervantes. Noraboa!
Comentarios