jueves, junio 01, 2023

CLUB DE NARRATIVA XUVENIL ESO: MOMO

 Rematamos xa esta amena lectura de Momo, de Michael Ende. É unha lectura compartida cos membros do club de lectura de adultos, pois é unha obra da que todos podemos gozar e, como se puido ver, para cada idade ten a súa significación.




Os adultos lembraron a diferente perspectiva con que observaban esta obra cando a leron por primeira vez, sendo novos, e a visión que obteñen agora coa súa relectura. A rapazada encariñouse enormemente coa personaxe de Momo, como non podía ser doutro xeito.

No hay comentarios: