Rematamos a obra de Xesús Fraga poñéndolle un final diferente e lendo as creacións propias que pouco e pouco van aparecendo. Aquí tedes a Alicia logo de sorprendernos con todo o que hai dentro dun simple? lapis.
Sen dúbida, temos que dicir que ao noso club lle está a encantar este novo libro, e non só pola historia, senón porque algúns dos integrantes están a descubrir o universo da mitoloxía clásica tanto a partir da lectura desta obra como do que lles contaban os outros membros que xa coñecían as aventuras dos deuses, semideuses e heroes da mitoloxía grega.
Unha das actividades paralelas foi que investigasen pola súa conta un personaxe e o persoeiro do Olimpo que representaba. Houbo incluso quen ousou en inventar un novo habitante celestial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario