martes, febrero 21, 2017

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                                    CONCURSO DA BIBLIOTECA - SEMANA 4

  
 A algún de vós tal vez lle soe o nome de Federico García Lorca. Se non é así, xa estades tardando en coñecelo, pois trátase do poeta español máis lido no mundo.
     Tamén, nos últimos anos, sucédense as noticias sobre a búsqueda dos seus restos, soterrados nalgún lugar indeterminado, tras ser fusilado polo bando franquista nos inicios da Guerra Civil.
     Pero aquí estamos a falar de teatro e García Lorca é, tamén, un importante autor teatral en español. Imos ver que tal se vos dá o xogo.

     1-Entre estas obras teatrais que citamos hai unha que se nos colou e NON É de García Lorca.
        Podes atopala?

      -La casa de Bernarda Alba                    
      -Yerma              
      -Bodas de Sangre                           
      -El maleficio de la mariposa                   
      -Fuenteovejuna


  




  2- Xa que estamos. Quen é o autor da obra que NON É de García Lorca?
         Pista: trátase dun "grande" do Século de Ouro.


     3- No ano 1919, Lorca trasládase a Madrid á famosa Residencia de Estudantes, lugar onde coincidiría con importantísimas figuras da cultura do momento en moitas e diferentes artes , o que marcaría a súas vida e obra. No seu círculo máis reducido de amigos hai un pintor e un director de cine. Saberías dicir os nomes de ambos?

     4-Hai unha obra poética de García Lorca que homenaxea a lingua e a paisaxe galegas.Sabíalo? seguro que non, pero............agora tes que atopar o título desta obra!

    5- Atención, pregunta trampa. Como se chama o personaxe masculino principal na obra de Lorca "La casa de Bernarda Alba"?


                                                  
  RESPOSTAS CORRECTAS

 1-Fuenteovejuna.                                                       
 2-Lope de Vega.
 3-Dalí (pintor) e Buñuel (director de cine).
 4-"Seis poemas galegos".
 5-Non hai protagonista masculino.






O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI :   BELMA  .    NORABOA!!!!!!!!!!


No hay comentarios: