CONCURSO DA BIBLIOTECA
SEMANA II
Bos días, biblioxogadores.... como parece que gusta o xogo de ovellas e parellas e os vosos pequenos e xoves miolos séntense cómosos recheando espazos en branco a modo de resposta, imos logo con máis do mesmo para o segundo capítulo do noso xogo. Aí van novos retos para os equipos culturais de Catabois..
Na primeira xornada, coñecestes algúns dos primeiros dramaturgos da Roma e da Grecia clásicas. Hoxe imos tratar de identificar os distintos xéneros teatrais, comunmente diferenciados en obras maiores (drama, comedia e traxedia), obras menores ( entremés, sainete, farsa, vodevil ) e obras musicais
( ópera, zarzuela, opereta e revista)
RELACIONA CADA DEFINICIÓN CO NOME QUE LLE CORRESPONDA, POÑENDO O NÚMERO DEBAIXO DO NOME CORRECTO.
XÉNERO DEFINICIÓN
TRAXEDIA 1- Texto dramático menos trascendente que a traxedia. No século
XVIII recibiu o nome de "traxicomedia".
REVISTA 2- Pequena peza teatral cómica e popular representada nos
entreactos dunha comedia maior.
DRAMA 3- Espectáculo musical de carácter frívolo no que se alternan
números musicais e elementos dialogados.
OPERETA 4- Obra dramática de asunto elevado na que interveñen personaxes
enfrontados a forzas invencibles ( culpa, destiño, .....)
COMEDIA 5- Obra que para lograr un fin cómico esaxera a acción ou
personaxes hasta facer grotesca a realidade.
ZARZUELA 6- Representa o lado festivo e alegre da realidade, con accións da
vida cotiá e desenlace feliz.
ENTREMÉS 7- Obra lixeira, de carácter popular, na que alternan declamación,
música e canto.
ÓPERA 8- Comedia lixeira e evasiva de intriga que basa a acción nos
equívocos, inxenio e sentido do humor. Temática normalmente
amorosa, con diálogos e números musicais.
SAINETE 9- Obra cómica, de ambiente e personaxes populares que, nun ou
máis actos, se representa nunha función independente.
VODEVIL 10-Obra teatral composta para o canto. Nela conflúen literatura,
música, danza, escenografía e artes plásticas.
FARSA 11-Especie de ópera, de asunto frívolo e carácter alegre, no que
predomina a sátira.
AS RESPOSTAS CORRECTAS SON : 4, 3, 1, 11, 6, 7, 2, 10, 9, 8, 5.
O GRUPO GAÑADOR FOI TIC-TAC . NORABOA!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario