viernes, febrero 10, 2017

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS "JOSÉ BECEIRO"

O pasado xoves 9 de febreiro, as integrantes do Club de Lectura reunímonos para falar e divertirnos analizando a obra de Hermann Melville, Bartleby, O escribinte. A actitude inadaptada e despois asombrosamente pasiva do seu protagonista deu lugar a moitas teorías dende a influencia do marxismo e a loita de clases ata o nihilismo, pasando pola hipótese de que o comportamento de Bartleby sexa un trasunto do propio oficio de escritor no que, cando se perde a motivación e a inspiración, se dá unha especie de morte da creación.
A nosa compañeira Nocha creu ver nun primeiro momento da novela un reflexo do parasitismo que se dá ás veces na sociedade; e María, pola súa banda, ve no avogado e narrador unha representación das distintas reaccións que o ser humano pode chegar a manifestar ante a conducta de resistencia pasiva dun semellante.
En xeral, o relato gustou moito polo importante contido metafórico que leva a cada un a tirar as súas propias conclusións.

No hay comentarios: