viernes, enero 30, 2015

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                             CONCURSO DA BIBLIOTECA - CUARTA SEMANA

  
          Chegados a estas datas, e tras tanta larpeirada e tanto doce
imos con algo serio: no IES Catabois empezamos polas sobremesas e rematamos polo prato principal, Falamos, por suposto, do lacón con grelos, típico do Antroido.....e máis aló.

           Todos sabemos que o lacón con grelos ten como ingredientes principais o lacón e os grelos, pero, sabedes realmente moitas cousas de cada un deles?
         
           Imos ver.....

1-De que palabra latina procede a palabra galega "lacón"?
2-En que se diferenza o lacón do xamón?

3-Os grelos, que supoño que gustan á maioría, todos sabedes como son, pero...........sabedes que son follas dunha hortaliza? De cal?

4-Nomea outros dous ingredientes habituais do lacón con grelos....

5- E a última. Xa que falamos dos grelos, aquí perto de nóscelébrase unha importante Festa do Grelo (ou feira) . Cal é esa festa? ( Hai varias, así que vale calquera das opcións)


No hay comentarios: