Dende o IES de Catabois, enviamos unha aperta moi forte aos compañeiros de Ferrol Vello, ánimo para enfrontaren a tarefa que se propoñen e o noso agradecemento por teren pensado en nós.
lunes, enero 19, 2015
Visita dos compañeiros do IES Ferrol Vello
O pasado xoves 15 de xaneiro, nove compañeiros do IES Ferrol Vello acudiron á nosa Biblioteca para ter un exemplo máis do que se está a facer no ámbito das bibliotecas escolares. Todas as coordinadoras que se fixeron cargo desta biblioteca ao longo dos cursos expuxemos as actividades de Clubs de Lectura, concursos, exposicións, etc. que se levan a cabo no noso centro.
Pasamos entre todos un tempo agradable no que recordamos o labor de iniciación que desenvolveu Pilar Berrio, a compañeira que puxo en marcha esta biblioteca e continúa a ser unha referencia para nós.
Tal e como delatan as imaxes, puidemos facer un oco para tomar algo: un Limoncello fresquiño, como corresponde á mesa italiana que temos actualmente na biblioteca, e unha torta de améndoa caseira, porque o noso Santiago é universal.
Dende o IES de Catabois, enviamos unha aperta moi forte aos compañeiros de Ferrol Vello, ánimo para enfrontaren a tarefa que se propoñen e o noso agradecemento por teren pensado en nós.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario