miércoles, enero 21, 2015

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                                    CONCURSO DA BIBLIOTECA 2014-2015

    Un ano máis comezamos o concurso a primeira semana de clase do mes de Xaneiro.
    Este ano, o eixe temático da biblioteca é a COCIÑA e, polo tanto, as nosas actividades xirarán en torno a este apetitoso tema. QUE NOS APROVEITE A TODOS!!!


     Nun principio, contamos con seis grupos de traballo,que esperamos que permanezan ata o final. Intentaremos que non se desanimen. Algúns xa son veteranos e outros acompáñannos por primeira vez. Damos a benvida a todos.

     Os grupos son os seguintes:
     BELMA: Bella, Lucía e María de 2º B                                                                                                          GOOGLE: Lara, André e Mario de 2º B
     LOS PATOS: Eli, Juan Campanario de 2ºA
     CHIPS AHOY: Alba, Sandra, Judith de 1ºA
     EQUIPO A : Gabriel, Nuno, de 1ºA
     ESCORPIÓN: Daniel F. e Cristian Prieto, de 1º B

 Equipo A e Los Patos.








Escorpión e Chips Ahoy.


  A ACTIVIDADE DA PRIMEIRA SEMANA DO CONCURSO FOI A SEGUINTE:


    O ROSCÓN DE REIS é un prato típico navideño que, seguramente, todos acabades de degustar. É costume merendalo o día.......de..........

    Relaciónase a súa orixe cunhas festas adicadas ao deus romano.....Rodea a resposta adecuada:   XÚPITER,  SATURNO  ou  NEPTUNO.

    Nestas festas romanas celebrábase o fin das noites máis longas do ano, e que os días comenzaran a mellorar. Cal dos dous solsticios celebrarían?  VERÁN  ou   INVERNO.

    O Roscón leva dentro tres figuriñas: unha Virxe, un San Xosé e unha faba. O comensal ao que lle tocaba unha delas en concreto, tiña que pagar o Roscón. Cal das tres figuriñas era?

    Relaciona os países cos nomes que se lles da ao roscón neles:


-Portugal                -Couronne de Rois
-Hispanoamérica    -Rosco de Reyes
-Francia                 -Bolo Rei


As respostas son as seguintes:

É costume merendalo o día 6 de Xaneiro.
Relaciónase coas festas adicadas ao deus SATURNO.
Celebrábase o solsticio de INVERNO.
A quen lle tocase a FABA tiña que pagar o Roscón.
Portugal-Bolo Rei /  Hispanoamérica-Rosco de Reyes / Francia-Couronne de Rois

ATA A PRÓXIMA SEMANA!


No hay comentarios: