Como está a chegar o Antroido, imos poñendonos ao día coas receitas das comidas típicas destas
datas.
Hoxe tócannos os FREIXÓS.
Axudádenos a elaborar a receita.
INGREDIENTES: leite, auga,.................., canela, fariña, azucre, sal, touciño, raiadura de limón, anís.
NESTA LISTA DE INGREDIENTES FALTA UN QUE É FUNDAMENTAL. CAL?
Mestúranse nun bol todos os ingredientes, menos un, que se utiliza só para engraxar a tixola.
CAL É ESTE INGREDIENTE?
A mezcla debe ter a textura dunhas natillas. Vaise botando na tixola, en pouca cantidade para que queden finos. COMO SE LLES DÁ A VOLTA NORMALMENTE? ( elixe a opción correcta)
-cun garfo -cunha viradeira -cos dedos
Cando os freixós están listos, podemos tomalos sós ou recheos. INDICA TRES COUSAS COAS QUE POIDAMOS RECHEAR OS FREIXÓS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario