

No tríptico do segundo trimestre da biblioteca coñecemos algo máis deste autor senlleiro da Xeración do 36.

Celebramos ese día comezando por escoitar declamar ao propio Xosé María o seu poema máis coñecido de Nimbos. "Penélope" resoou polos altofalantes en todas as aulas, en todos os Departamentos, en todos os recunchos do instituto. Logo, nese tempo precioso da Hora de ler, todos os cursos leron unha selección de poemas do homenaxeado. Vimos vídeos relacionados co poeta. Escoitamos o alumnado do IES que leva o seu nome cantar o devandito poema e, no recreo, a radio escolar presentounos temas das e dos nosos artistas máis novos: Sés, Deusketecrew, Aid...
Un paso adiante e outro adiante, Galiza!
Gozade coa nosa Lingua
No hay comentarios:
Publicar un comentario