Esta semana remataremos o concurso cunha pequena celebración de despedida ata o ano que vén.
Darémosvos información fotográfica do acto a próxima semana.
Agora, pasamos a colocar aquí as actividades das últimas semanas.
SEMANA 11
Hoxe, no xogo da biblioteca, temos unha "gymkana poética". Veremos que tal o facedes.
1- CADA OVELLA COA SÚA PARELLA.
Con diez cañones por banda..... Juan Ramón Jiménez
Mi corazón oprimido................ Espronceda
Gaita galaica, sabes cantar........ Federico García Lorca
¡Que tristeza de olor a jazmín!... Rubén Darío
2-A ver se aprendestes algo: que dous poetas que xa vimos no xogo, morreron na Guerra Civil Española ou como consecuencia dela?
3-Completa co lugar e data de nacemento dos seguintes poetas galegos:
a)Rosalía de Castro Data: Lugar:
b)Eduardo Pondal Data: Lugar:
c)Celso Emilio Ferreiro Data: Lugar:
AS RESPOSTAS SON....
1-Con diez cañones por banda.... Espronceda
-Mi corazón oprimido............... Federico García Lorca
-Gaita galaica, sabes cantar...... Rubén Darío
-¡Que tristeza de olor a jazmín!.. Juan Ramón Jiménez
2- Federico García lorca e Miguel Hernández.
3-Rosalía de Castro- 1837- Santiago
-Eduardo Pondal - 1835- Ponteceso
-Celso Emilio Ferreiro- 1912- Celanova.
O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI "ORNITORRINCOS".
SEMANA 12
Hoxe temos un poema de amor que comeza polo verso seguinte : "Te lo he dicho con el viento"
1-Cal é o título do poema?
2-Quen é o seu autor?
3-No primero verso dillo co vento e, ao longo do poema, dillo con moitos outros elementos. Enuméraos.
4-Pero aínda así non lle basta. Quere dicirllo con..................................e con..................................
AS RESPOSTAS SON...
1-Te quiero.
2-Luís Cernuda.
3-sol, nubes, plantas, auga, medo, alegría, hastío, terribles palabras.
4-A morte e o olvido.
AS GAÑADORAS DA SEMANA SON AS RAPAZAS DE" BELMA".
SEMANA 13
Busca a historia da canción "Alfonsina y el mar".
1-Quen foi Alfonsina?
2-Que nacionalidade tiña?
3-Que enfermidade lle diagnosticaron?
4-Como morreu?
5-A canción "Alfonsina y el mar". Quen a compuxo? Quen a cantou?
6-Na canción hai unha estrofa que recolle unha parte do último poema de Alfonsina. Escribe esa
estrofa.
AS RESPOSTAS SON.............................
1-Unha poetisa e escritora
2-Arxentina.
3-cancro de mama.
4-suicidouse no mar.
5-Os compositores foron Ariel Ramirez e Félix Luna.
Cantouna Mercedes Sosa.
6-Bájame la lámpara un poco más
Déjame que duerma nodriza en paz
Y si llama él no le digas que estoy
Dile que Alfonsina no vuelve
Y si llama él no le digas nunca que estoy
Di que me he ido.
ESTA SEMANA GAÑARON OS LUNNIS
SEMANA 14
Esta semana, o xogo da biblioteca está adicado a Xosé María Díaz Castro, poeta, profesor, tradutor e
académico ao que se adica o Día das letras Galegas 2014.
Teredes que buscar a información nos carteis da exposición sobre este autor que se atopan no corredor central do Centro. Sorte!
1-Que acontecemento mundial importante comeza no ano do seu nacemento? Por certo...onde naceu?
2-Traballou como profesor no colexio León XIII...............en que cidade das Rías Baixas?
3-De neno, axudaba aos seus pais nos labores do campo, e era un grande afeccionado ao estudo..........
da natureza?................ao debuxo de paisaxes?. Escollede a verdadeira.
4-Cantos anos estudou no seminario de Mondoñedo?
5-En que ano publicou "La Voz de Galicia" o seu poemario "Nimbos"?
6-Traballou com tradutor no Ministerio de Gobernación. Que traducía alí?
AS RESPOSTAS SON...............
1-Primeira Guerra Mundial. Vilares (Guitiriz)
2-Vilagarcía de Arousa.
3-Ao estudo da narureza.
4-Sete anos estudou no seminario.
5-No 2002 publicouse Nimbos.
6-Segredos de Estado, mensaxes en clave, telegramas do estraxeiro.
O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI "BELMA"
SEMANA 15
Hai un poema que todos os escolares franceses coñecen. Titúlase "Libertad" e foi escrito polo poeta Paul Éluard.
Contesta:
1-Que verso se repite ao final de cada estrofa?
2-Escribe a última estrofa completa.
3-Completa as palabras que faltan nos seguintes versos:
-En las maravillas .............................
-En mis trapos................................
-En las imágenes...............................
-En los senderos.............................
Agora busca a biografía do poeta e contesta:
4 -Cal é o nome real do poeta?
5 -En Suiza, no sanatorio de Davos, coñece á súa primeira muller, que acabará converténdose na muller e musa dun famoso pintor español, de nome salvador.
Cal é o nome da muller e o apelido do pintor español?
AS RESPOSTAS SON...............
1-Escribo tu nombre.
2-Y por el poder de una palabra
vuelvo a vivir
nací para conocerte
para cantarte
Libertad
3-En las maravillas nocturnas
-En mis trapos azules
-En las imágenes doradas
-En los senderos despiertos
4-Eugéne Grindel.
5-Gala. Dalí.
ESTA SEMANA OS GAÑADORES SON "OS PENSADORES
AS PUNTUACIÓNS OBTIDAS POLOS GRUPOS SON AS SEGUINTES:
-BELMA.............................................59 puntos
-ORNITORRINCOS..........................51 puntos
-PENSADORES.................................49 puntos
-LUNNIS............................................43 puntos
NORABOA AOS GAÑADORES E GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario