martes, febrero 28, 2012
CONCURSO DA BIBLIOTECA
Unha nova semana chega o noso concurso, despois dos disfraces que, por certo, estiveron moi ben e a celebración foi moi animada cos ritmos africanos.
Pasamos xa as preguntas:
Hai en África UN DELTA QUE NON O É
Que delta será?
Nel desemboca un gran río. Como se chama?
Este río nace nun país que pertenceu a Portugal e dicorre por outro país que foi colonia británica. Cales son estes dous países?
Pero o río non chega ao mar porque é absorbido por un gran deserto. Cal é este deserto?
Nese delta, que exactamente non o é, viven os SETE MAGNÍFICOS e as CINCO GRANDES aves. Quen son estes interesantes "personaxes"?
Ademais, os leóns deste lugar teñen unha cualidade que non atopamos nos da súa especie en ningún lugar do mundo. Cal é esta cualidade?
Suxerímosvos que cando teñades algún tempo libre entredes en google e vexades fotografías deste lugar e, cando sexades maiores e teñades "pasta" non deixedes de visitar esta espectacular paraxe.
Pola nosa parte, aceptaremos a invitación pero non tardedes demasiado, que non queremos ir con bastón.
GAÑADORES DA SEMANA.
Outra vez o grupo de Santi, Fernando, Iván Maday e Miguel, que se incorporou ao grupo recentemente. Benvido Miguel e noraboa a estes rapaces de 2ºA.
Esta semana xa demos todos os puntos posibles aos grupos :
San Fernando..................5 puntos
Las Invencibles...............4 puntos
Las Locas........................3 puntos
Casi 300..........................2 puntos
ODA................................1 punto
Así que xa podemos publicar as respostas correctas:
1- O " delta que non o é" é o do río Okavango.
2- O río é por suposto, o Okavango.
3- Este río nace en Angola e discorre por Botswana.
4- É absorbido polo deserto de Kalahari.
5- Os Sete magníficos son: león, leopardo, elefante, rinoceronte, búfalo, guepardo e licaón.
As cinco grandes aves son: avutarda kori, jabirú africano, búho pescador, cálao terrícola e aguia marcial.
Agardámosvos a próxima semana.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario