martes, febrero 07, 2012

CONCURSO DA BIBLIOTECA


 Bos días unha semana máis desde a biblioteca do IES Catabois. Superamos xa a terceira semana do noso concurso e seguimos cunha alta participación do noso alumnado, sobre todo do 1º Ciclo.
  Antes de nada, imos coas respostas correctas das dúas primeiras semanas:
  RESPOSTAS CORRECTAS DA PRIMEIRA SEMANA:
  1- Non bañan o continente africano: o Mar Negro, o Océano Pacífico e o Mar Báltico.
  2-Relacionamos correctamente:
    Somalia-península ;  Sahara-deserto  ; Madagascar-illa ; Orange-río  ; Boa Esperanza-cabo
    Kilimanjaro-pico  ; Atlas-cordilleira ;  Victoria-lago ; Etiopía-macizo  ;Africana-meseta  ;
    Guinea-golfo.
 3-Capitais dos países:
    Marrocos-Rabat  ; Mozambique-Maputo  ; Libia-Trípoli ; Exipto-O Cairo ; Zambia-Lusaka ;
    Kenia-Nairobi.

4-Países aos que corresponden as capitais:
   Yamusucro-Costa de Marfil ; Uagadougou-Burkina Fasso  ; Gaborone-Botswana ; Lilongwe-Malawi;
   Luanda-Angola ; Bujumbura-Burundi.

RESPOSTAS CORRECTAS DA SEGUNDA SEMANA:
1-O número 466/64 era o número de recluso de Nelson Mandela.
2-No seu país Mandela coñécese como Madiba.
3-Mandela recibiu o Premio Nobel da Paz compartido con frederik de Klerk, no ano 1993.
4-O sistema de separación de razas de Sudáfrica chámase Apartheid.
5-mandela estivo preso 27 anos e foi liberado no ano 1990.
6-Foi elixido presidente do Goberno do seu país no ano 1994.

  E agora, as preguntas da terceira semana:
CONCURSO DA BIBLIOTECA.
 Esta semana imos de película , e de novela. Hai un nome que nos dá a clave para buscar o resto da información. Fixádevos ben e ......sorte!

  Las Nieves del......................................é unha película do ano............... dirixida por.................
e protagonizada por............................ . Desenvólvese aos pés dun volcán que é a montaña máis alta de África, cunha altitude de............................ . Esta montaña , en masai, chámase Ngajé Ngái, que significa................................. . Atópase no país africano de..................................
  A película está basada na novela do mesmo título escrita por....................................... no ano..........

  Como xa demos todos os puntos posibles, pois cinco grupos contestaron correctamente, podemos escribir aquí as respostas correctas. O grupo gañador, con cinco puntos, foi o mesmo destas últimas semanas, AS INVENCIBLES, que están imparables. Non vos desanimedes os demais, pois esta vez xa tiveron moita competencia. Ánimo e a seguir.

  O TEXTO CORRECTO É O SEGUINTE:
    Las Nieves del KILIMANJARO é unha película do ano 1952, dirixida por HENRY KING e protagonizada por GREGORY PECK . Desenvólvese aos pés dun volcán que é a montaña máis alta de África, cunha altitude de 5895 m. . Esta montaña, en masai, chámase Ngajé Ngái, que significa LA CASA DE DIOS . Atópase no país africano de TANZANIA.
   A película está basada na novela do mesmo título escrita por ERNEST HEMINGWAY no an 1936.

ATA A PRÓXIMA SEMANA. BOA SORTE!

No hay comentarios: