Seguramente tedes oído falar estes últimos meses da "Primavera Árabe". Algúns de vós seguramente saberedes algo do tema, para outros será simplemente un soniquete máis dos telexornais. Pois ben, hora é de que aprendamos algo da Historia que vivimos.
Nunha boa cantidade de países árabes, especialmente norteafricanos, estanse dando movementos de protesta contra os gobernos autoritarios, moitas veces con longas décadas no poder e historias de abusos de todo tipo. O pobo, farto da situación, loita por instaurar rexímenes democráticos e organízanse para derrocar aos gobernos ou conseguir melloras. Ímonos centrar en seis países: SIRIA (aínda que non é africano), TÚNEZ, ALXERIA, EXIPTO, LIBIA E MARROCOS.
Os movementos de protesta e logros acadados son moi diferentes según o caso. Imos ver se aprendemos algo sobre estes países e o sucedido ata agora nesta "Primavera Árabe".
PREGUNTAS:
1-Mohamed Bouazizi foi un xoven que precipitou as protestas nun país que foi o primeiro en derrocar ao seu goberno. Podedes dicir en que país?
2-Como resultas do derrocamento do seu Réxime, un mandatario morreu a mans dos rebeldes. Quen era o mandatario e de que país era presidente?
3- Sitúa no mapa os cinco países africanos aos que nos referimos.
4- Cal de todos os países citados é unha monarquía?
5- Cada ovella coa súa parella. Une con liñas o país e o mandatario correspondente:
TÚNEZ BOUTEFLIKA
ALXERIA BACHAR EL ASAD
EXIPTO BEN ALÍ
LIBIA MOHAMED VI
MARROCOS GADDAFI
SIRIA MUBARAK
Esta semana conseguiu os cinco puntos un grupo diferente, o formado por Santi, Fernando, Iván Maday e Miguel, todos de 2º A. NORABOA! e a seguir participando con esas ganas!
Aí vai a fotografía deste grupo, cos seus disfraces de Antroido. Vede que guapos están.
Ata a próxima semana , que será despois do Antroido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario