DIA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA
Hoxe, máis que o día da biblioteca, debera ser o día desas persoas que conseguen facer dos "depósitos de libros" (como algúns din), lugares de encontro e lecer. Desde a biblioteca do IES Catabois, querémoslles dar os parabéns a todos os bibliotecarios e bibliotecarias polo seu labor incansable.
E, desde este blogue, salientamos o traballo desinteresado e impagable de profesoras e profesores que empregan moitas e moitas horas fóra do horario para conseguiren unha biblioteca escolar acolledora, dinámica, motivadora, relaxante (adxectivos achegados polo noso alumnado).
Deixámosvos un par de enlaces:
GOZADE COA LECTURA

- Bibliotecas escolares, por se aínda hai alguén que non coñeza esta páxina.
- As 99 mellores bibliotecas do mundo, achegadas en radiofusión.
- Vídeo coas bibliotecas máis fermosas do mundo.
GOZADE COA LECTURA
Comentarios