miércoles, abril 06, 2011

OUTRA NOVA SOBRE A NOVELA NEGRA



Maruja Torres, ganadora do premio Nadal (Esperadme en el cielo, 2009) e do Planeta (Mientras vivimos, 2000),  estréase na novela policiaca na súa última obra  Fácil de matar. A protagonista é Diana Dial (personaxe dunha novela anterior ¡Oh, es él! Viaje fantástico hacia Julio Iglesias), reporteira prexubilada metida a investigadora amateur. A trama sitúase en Beirut (Líbano é un dos grandes amores desta escritora), onde Diana investiga un atentado que tivo como danos colaterais a morte de dúas criadas etíopes e de Toni Asmar, o fillo pequeno dunha importante familia de cristiáns maronitas. No fondo desta novela hai un certo desamor hacia a profesión periodística que exerce a  propia autora.

No hay comentarios: