A PRAIA DOS AFOGADOS. Domingo Villar
Domingo Villar naceu en Vigo en 1971. Trasladouse a Madrid, onde vive actualmente. Traballou como guionista de cine e televisión. Foi crítico gastronómico e actualmente fala de literatura no programa de radio Asuntos Propios.
A súa primeira novela, Ollos de auga, obtivo varios premios, entre eles o Premio Frei Martín Sarmiento, e foi finalista en dúas categorías dos Crime Thiller Awards en Reino Unido.
A praia dos afogados, con varias edicións, de seguro que axiña a veremos nas pantallas xa que os seus dereitos se venderon para o cinema.
Lede agora a recomendación que vos fai o voso profe de Lingua, Henrique Dacosta:
Nesta entretida e fresca novela detectivesca, o inspector Leo Caldas, un clásico xa das nosas letras, terá que resolver un enigmático e estraño caso. Un mariñeiro da vila de Panxón, ao sur da ría de Vigo, aparece morto nunha praia. Todo apunta, en aparencia, a que afogou. Non obstante, as xentes do lugar dan por feito que foi un suicidio. O cadáver, atado cunhas bridas plásticas aos pulsos, fai sospeitar ao inspector Caldas cousa ben distinta. Aí dará inicio a investigación, pragada de múltiples voltas e xiros até desembocar na descuberta final da verdade. Ao longo da narración plásmanse excelentes ambientes mariñeiros e populares. Así mesmo, os momentos hilarantes e cheos dunha enorme retranca acerca da nosa forma de ser, son outros dos aspectos a destacar, ademais das reflexións sobre a soidade, sobre o amor e o desamor, e que paso a paso, nunha lectura áxil e chea de intriga, van trazando toda a pescuda policial até a resolución final do caso.
Gozade coa lectura.

Comentarios
Por hoy y celebrando el Nobel a Vargas Llosa, se despide:
Pilar
Centrándonos en materia, alégrame ver o teu comentario e que esteas de acordo comigo. Con todo, o meu é simplemente unha breve sinopse que non pretende moito máis que animar a xente a lelo. Efectivamente, e a pesar de que confeso non ter lido "Ollos de auga", Domingo Villar vexo que promete pegar forte —se non mudao rumbo— dentro do ámbito da novela policíaca. Adiante co inspector Leo Caldas!!!
Henrique
En este momento, en este país,tenemos dos magníficos inspectores de policía (de ficción claro....(;D)) Víctor Ros y Leo Caldas pero no podemos olvidarnos de la estupenda pareja que forman Chamorro y Bevilacqua.
¿Que cunda la lectura! Saludos y felicidad para todos. Antonia.