domingo, octubre 10, 2010
NOBEL DE LITERATURA 2010
Este ano o premio Nobel de Literatura levouno Mario Vargas Llosa.
Na biblioteca atoparedes, entre outros, os tres títulos que o mesmo autor recomenda nunha entrevista para aqueles que aínda non leron ningunha obra súa: Conversación en la catedral, La fiesta del chivo e La guerra del fin del mundo.
Animádevos con este escritor do realismo máxico e da ficción história do boom literario latinoamericano que di que a ficción non é a vida, senón unha réplica á vida onde nós engadimos o que a vida non ten, aquilo que desexabamos que a vida tivese. Suxestivo, non si?
E como non, visitade a súa páxina web e, especialmente, a ligazón recomendada no blogue de Lengua y Literatura, con reseñas, comentarios, artigos e ata capítulos de varios dos seus libros.
Entre moitos dos vídeos que atoparedes en youtube sobre o Nobel hispanoperuano eliximos especialmente este para vós. Nel descubriredes un Mario-avó "chocho" que fala dos seus netos; un Mario-pai orgulloso dos pasos de seus fillos; un Mario-fillo mimadísimo pola súa familia materna a quen, o feito de saber da existencia de seu pai aos 10 anos, cambioulle a vida. Deixámosvos o Mario Vargas Llosa máis humano; o autor atoparédelo entre os andeis da biblioteca.
Etiquetas:
Mario Vargas Llosa,
Nobel Literatura,
Recomendacións de lectura
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario