jueves, febrero 25, 2010
NOVA SESIÓN DO NOSO CONCURSO
A semana pasada retomamos un vello amigo da nosa biblioteca que ten un posto de honra na historia da literatura e que estamos a traballar en Proxecto Interdisciplinar de 1º e de quen fixemos unha exposición no corredor e no moble de novidades. Refírome, por suposto, ao grande entre os grandes, Jules Verne.
As respostas das cuestións da última semana eran en xeral bastante doadas, menos a última e alí foi onde esbararon alumnos que me consta son grandes seguidores do autor francés, entre eles, Víctor de 2ºA. Velaiquí as respostas::
1. A película é 20 mil leguas de viaje submarino. Foi estreada en 1954.
2. O director chamábase Richard Fleischer. O productor foi o magnate dos debuxos animados Walt Disney.
3. O título é o mesmo: 20 mil leguas de viaje submarino de Jules Verne.
4. O buque tiña o nome dun célebre presidente "Abraham Lincoln".
5. O submariño chamábase Nautilus. O seu capitán.era Nemo.
6. Paul Lukas deu vida ao Profesor Arronax. Kirk Douglas ao baleeiro.
7. As outras obras da triloxía son La isla misteriosa e Los hijos del capitán Grant, se ben esta última non teñe mais que un pequeno fío de unión coas outras, a presenza do malvado Ayrton.
As puntuacións repartíronse do seguinte xeito:
1. FLY........................................5 puntos.
2. VLAJ..................................... 4 puntos.
3. BLASFEMUDOS................. 3 puntos.
4. LOS LOL............................. 2 puntos.
As puntuacións provisionais son:
1. BLASFEMUDOS............................21 puntos.
2. FLY................................................. 15 puntos.
3. VLAJ................................................13 puntos.
4. LOS LOL.........................................11 puntos.
5. LAS DANCE....................................10 puntos.
6. VIDACRISER................................... 3 puntos.
7. DOBLE JC........................................2 puntos.
8. AIRI.................................................. 1 punto.
Esta semana, non vamos propoñer un tema ou escritor, ou película... nin libro, nin novela, nin conto. Esta semana tedes que resolver unha "gymkana" da ciencia ficción, na que todos os temas anteriores poden estar presentes.
Algunhas das preguntas poden ter varias solucións válidas, así que esta semana sí: terminar pronto pode ser importante para ter máis puntuación. Logo... estades preparados? Mentes áxiles e despostas para buscar, atopar e resolver? Ahí van as preguntas:
1. Nome do escritor francés considerado "pai" da ciencia-ficción?
2. En 1938, un programa de radio provocou o pánico en EEUU... por qué?
3. Quen se despide con esta frase: "Sayonara baby..." nunha coñedísima película? Tedes que dicir o nome do personaxe na película (pista: o mesmo que o título) e do actor que o interpreta. Outra pista: vai de guerra entre homes e máquinas, e creo que van como catro películas, xa...
4. "El desconocido llegó a pie desde la estación de ferrocarril de Bramblehust cierto día invernal a primeros de febrero, abriéndose paso a través de un viento cortante y de espesos copos de nieve"... así comeza unha das máis famosas novelas de ciencia-ficción, moitas veces levada ao cine, e publicada no final dó século XIX. Pois ben, queremos que digades o título da novela e o nome do autor. (Pistas: a algún de vos xa lle gustaría ter a capacidade do protagonista do libro, seguro que a usaba para facer gamberradas... e copiar nos exames!)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Ola son Carme! Vexo que seguides a traballar incansablemente na biblioteca.Que premio tan merecido!Tamén me dixo un paxariño que fixestes unha festa de entroido moi animada. Bicos dende O Bosque Animado.
Te echamos mucho de menos en el antroido, Carmiña, cocido incluido. Lo pasamos muy bien. Tenemos ganas de que te dejes caer un poco por aquí.
¿Qué tal va todo?
Besos:
Pilar
Publicar un comentario