Porque o tema desta semana era faciliño, para quen vira a peli, claro. As respostas correctas son:
1. O título da película é Avatar.
2. O ano no que esta ambientada é 2154.
3. O clan en cuio territorio está a mina é Omaticaya.
4. O mineral que queren sacar os humanos desta mina é unobtainium.
5. O marine protagonista chámase Jake Sully e a navi da que se enamora é Neytiri.
6. A única película que supera a esta en recadación é Titanic do director James Cameron.
7. Non conseguen os humanos explotar a mina. Os militares ao final volven a Terra. Os científicos quédanse en Pandora.
As puntuacións repartíronse así:
FLY ( Patricia, Sara, Gimena e Antía)................................ 5 puntos.
BLASFEMUDOS (Elia, Edu, Lucía e Rubén)......................... 4 puntos.
VLAJ (Víctor, Lois, Alberto e Joan)................................... 3 puntos.
LOS LOL ( Pablo, Adrián, Fernando e Diego)...................... 2 puntos.
AIRIS (Ainhoa, Inés, Raquel e Iria).................................... 1 punto.
Pero, como a constancia fai o éxito, na cabeceira da clasificación xeral sitúase o equipo máis regular: Os BLASFEMUDOS que acadaron 4 puntos todas as semanas. Se queredes alcanzalos, rapaces, tedes que loitar por puntuar sempre, aínda que sexa pouco; para iso, ide a asegurar as respostas, non tanto a ser velocíns.
CLASIFICACIÓN XERAL PROVISIONAL:
1. En primer lugar, como díciamos: BLASFEMUDOS.....................................16 puntos.
2. Seguidos de FLY...................................................................................10 puntos.
3. LOS LOL.............................................................................................. 8 puntos.
4. LAS DANCE ( Naya, Sara, Alicia e Desi)..................................................... 6 puntos.
5. VLAJ..................................................................................................... 3 puntos.
6. DOBLE JC ( Jessica, Cristina, Jenny e Carolina)............................................. 2 puntos.
7. AIRIS .................................................................................................... 1 punto.
E aquí van as novas preguntas:
Hoxe, mezclamos un pouco de libro e película -como case sempre, por outra banda-... Os profesores que facemos estas preguntas, estamos seguros de que pensades que o "Gran Hermano" inventóuno Tele 5 ou Mercedes Milá... Pois non, non e non!!! O "Gran Hermano" é ... non sei como decir... un personaxe?... unha figura imaxinaria?... un grupo de poder? En fin, sexa o que sexa, apareceu nas librarías 2 anos antes do nacemento da Milá. E moitísmo antes da chegada das televisións privadas, os realities e demáis... vale, non o direi. E demais programas deses.
E agora, as preguntas:
1. A que libro nos referimos?
2. Quen é o autor?
3. Cómo se titulou a película baseada no libro do que falamos?
4. Saberías decir outra obra, case diríamos de "política-ficción" do mesmo autor e na que os personaxes son animais?
5. ..."el Gran Hermano te vigila..." sí, sí, vale, pero queremos que digades cómo vixila no mundo que describe o libro. Ou a película.
6. En qué ano foi publicado o libro por primeira vez? (E así, de paso, xa saberás cantos anos ten Mercedes Milá, je, je)
3 comentarios:
Hola soy elia del equipo de los blasfemudos bamo ganando.Gracias a Pilar podemos jugar y divertinos, y aprendemos mucho.
Un saludo
ola profe hay que ir actualizando el blog he?jajajajajajjaja
Hola soy elia soy del equipo de los blasfemudos estamos de segundos pero vamos a ganar en por un apersona muy especial
un saludo
Publicar un comentario