martes, junio 20, 2017

O NOSO CLUB MANGA COMO EXEMPLO DUNHA BIBLIOTECA ACTIVA





O noso club de Manga como exemplo dunha Biblioteca activa

Son moitas as actividades que se veñen organizando desde hai anos na Biblioteca Escolar grazas ao bo labor do equipo de biblioteca, ás colaboracións do profesorado e, indubidablemente, á participación do alumnado.
O recoñecemento a este traballo ten chegado xa por moitas vías e este ano tocoulle ao club de Manga e Anime. O 17 de xuño os alumnos e alumnas do club de manga foron convidados como relatores á X Xornada dos Clubs de Lectura para explicar o seu modo de funcionamento e organización.

Este Club de manga e anime formouse a partir dunha escisión do orixinal club de lectura xuvenil e leva funcionando de xeito continuado desde o curso 2010-2011. É, polo tanto, unha boa mostra de que o alumnado sabe como xestionar autonomamente as súas iniciativas.


André Rey, alma mater do club que nos abandona este curso para ir ao Bacharelato, capitaneou a expedición a Santiago e, xunto co seu equipo, deixaron a súa pegada non só nas Xornadas dos Clubs de Lectura senón xa para sempre no IES de Catabois, que o lembrará como fundador e impulsor do Manga e Anime no centro.  Así que vaia desde aquí o noso agradecemento por ternos contaxiado parte da súa paixón. Moita sorte no futuro (幸運

No hay comentarios: