lunes, junio 12, 2017
Nuno Baamonde Beceiro Campión galego de Tiro con Arco
A fin de semana do 10 ao 11 de xuño deste ano celebrouse en
Pontevedra o Campionato Galego de Tiro con Arco, organizado polo Club Boa Vila.
No evento resultou gañador o noso alumno Nuno Baamonde de 3º A que obtivo o
Primeiro Premio na categoría cadete á que pertence representando ao Club Arco
Ferrol que acadou o primeiro e o segundo posto nas categorías de alevín e
cadete. A continuación, unha entrevista co deportista ao que podedes ver na
foto co seu trofeo e medalla, acompañado de Sandra Cepero que tamén practica
tiro con arco, de Eli Tatyanova que xoga ao vóleibol e de Alfonso, o seu
profesor de Educación Física e coordinador do proxecto deportivo de centro.
- - Cóntanos cómo foi a túa experiencia neste
torneo.
- - O torneo dura dous días porque o sábado compiten
as categorías inferiores, ardillas, infantil e alevín; e o domingo as
superiores, cadete, senior e veterán. A xornada do domingo foi dura xa que
competimos de nove da mañá a nove da noite.
- - Agardabas este resultado tan bo?
- - A verdade é que non. Non o esperaba ata o ano
que vén xa que o meu compañeiro Pedro Pina levaba xa tres anos nesta categoría
e ía primeiro, pero el se puxo nervioso e eu aguantei mellor a presión.
- - Esta é a primeira vez que gañas?
- - De primeiro, si.
- - Logo xa gañaches outros campionatos?
- - Si, este ano gañei o Campionato Galego de Sala,
no que quedei en segundo posto, e o Torneo da Federación, no que quedei en 5ª
posición.
- - Como reaccionaches ao saber que eras o gañador
neste torneo?
- - Primeiro pensei que era un soño; logo corrín a estreitar
a man do meu rival.
-
Felicidades pola túa victoria!
-
Gracias!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario