martes, junio 13, 2017

ÁGORA E EXPOTAKU 2017

O pasado 26 de maio tivemos a nosa excursión especial fin de curso cos Clubs de lectura xuvenís e o protagonista este ano foi indiscutiblemente o Club de Manga e Anime. Non podía ser menos, pois despedíamos a un dos socios máis emblemáticos do mesmo, André Rey.

Así que tivemos claro cal tiña que ser o destino: a ExpOtaku. Organizamos a saída e decidimos completala cunha actividade no centro cultural Ágora, na Coruña.




Magnífica idea, pois alí tratáronnos do mellorciño. Tíñannos preparado un panel especial adicado ao cómic, deseñaron para nós unha actividade de creación de textos en viñetas e, por último, fixéronnos perder o medo a falar ante unha cámara, gravando uns vídeos nos que os rapaces e rapazas recomendaban aqueles cómics que máis lles gustaron, de entre os exemplares que foron seleccionando nos andeis desta engaiolante biblioteca. 







Aquí podedes ver as creacións dos distintos grupos. Moi ocorrentes todas elas! Sonvos de mente espelida, non hai dúbida!


Logo de tanto derroche de creatividade, tivemos que comer para repoñer forzas. Esperábanos unha tarde espectacular na Expotaku. Non é preciso que vola conte: as imaxes falan por si mesmas. Por alí desfilaron personaxes do Manga e Anime do máis variopintos!!!





Incluso a princesa Más billetes se deixou caer por alí para completar o grupo. Grazas, princesa, sen ti as Supernenas non lucirían o mesmo!!


No hay comentarios: