jueves, mayo 14, 2015

Club de Lectura "José Beceiro"

Nesta ocasión, limos o poema libro de Pedro Salinas, La voz a ti debida. Trala exposición da nosa compañeira Mónica sobre a biografía do poeta e o contexto literario da Xeración do 27 en que se inscribe, coincidimos en afirmar que os seus poemas se comprenden mellor dispoñendo de tales datos. Nocha salienta que Salinas describe as fases típicas dunha relación amorosa na que se considera a muller seductora e responsable dese amor. Pepucha lembra a Orhan Pamuk, autor tamén lido neste Club de Lectura, polo tipo de amor que describe, cortés pero intenso. Pola súa banda, María compara a Salinas con Antonio Machado, tamén andaluz, polas paisaxes sempre presentes, o léxico escollido, as metáforas e as figuras estilísticas empregadas, das que salientamos a "sombra" que aparece constantemente na última parte do libro-poema e que nos remite a Rosalía.

Cada lector fai a súa propia lectura da obra e tira as súas propias conclusións; sen embargo, e de xeito sorprendente, todas nós estamos de acordo en sinalar un mesmo fragmento coma o noso favorito. Transcribímolo a continuación a modo de despedida ata a vindeira reunión (lembramos o martes 9 de xuño):

¡Ay, cuántas cosas perdidas
que no se perdieron nunca!
Todas las guardabas tú.

Menudos granos de tiempo, 
que un día se llevó el aire.
Alfabetos de espuma,
que un día se llevó el mar.
Yo por perdidos los daba.

SALINAS, Pedro. La voz a ti debida.




No hay comentarios: