DÍA DE ROSALÍA NO IES DE CATABOIS
Quixémonos unir, un ano máis á celebración do nacemento de Rosalía, protagonista activa do Rexurdimento da nosa literatura.
No recreo puidestes escoitar polos corredores os versos de Cantares Gallegos ou de Follas Novas nas voces de Luz Casal, de Narf, de Aid, de Roi Casal, Abe Rábade...
E na Hora de Ler os altofalantes deron o punto de partida a vinte minutos de lectura rosaliana co rap que Kadi lle dedica a autora e á súa obra.
Achegámosvos o vídeo
O IES DE CATABOIS TAMÉN É ROSALÍA
Gozade coa poesía
Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.
Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

Comentarios