lunes, febrero 02, 2015

CONCURSO DA BIBLIOTECA

                        CONCURSO DA BIBLIOTECA - CUARTA SEMANA



   Chegados a estas datas e tras tanta larpeirada e tanto doce, imos con algo "serio": no IES Catabois empezamos polas sobremesas e rematamos polo prato principal. Falamos, por suposto, do lacón con grelos, típico do Antrido.......e máis aló.

  TODOS SABEDES QUE O LACÓN CON GRELOS LEVA ESTES DOUS INGREDIENTES PRINCIPAIS. PERO, SABEMOS ALGO SOBRE ELES?

1- De que palabra latina procede a palabra galega lacón ?
2- En que se diferenza o lacón do xamón?

  OS GRELOS, QUE NOS GUSTAN Á MAIORÍA, TODOS SABEMOS COMO SON, PERO SON A FOLLA DUNHA HORTALIZA.

3-Que hortaliza é?
4-Nomea outros dous ingredientes habituais do lacón con grelos.

  PRETO DE AQUÍ CELÉBRANSE COÑECIDAS FESTAS OU FEIRAS DO GRELO.

5- Indica onde se celebra algunha coñecida Festa do Grelo.
   A PRÓXIMA SEMANA PUBLICAREMOS AS RESPOSTAS E O NOME DO EQUIPO GAÑADOR. QUE APROVEITE!!!!!

No hay comentarios: