miércoles, febrero 25, 2015

ANDREA TOMÉ NO IES DE CATABOIS

O venres 6 de febreiro visitounos unha escritora ferrolá chamada Andrea Tomé, a autora de Corazón de mariposa. Nesta novela abórdase a problemática dos trastornos alimentarios desde unha perspectiva moi realista, xa que a propia autora sufriu estes trastornos.

Coa súa charla, intentou abrir as nosas mentes, facéndonos ver o importante que é ter en conta as preocupacións dos adolescentes, antes de que cheguen a converterse nun problema máis grave.

Sabemos que gozastes coa súa presenza, así que agora aproveitade para enviarlle desde aquí os vosos comentarios e preguntas, xa que o tempo se nos fixo curto.








No hay comentarios: