martes, febrero 10, 2015

CONCURSO DA BIBLIOTECA




                                                 CONCURSO DA BIBLIOTECA

RESPOSTAS DA CUARTA SEMANA

1-Lacón vén da palabra latina "lacca".
2-O lacón é a pata dianteira do porco e o xamón é a traseira.
3-Os grelos son a folla do nabo.
4-Outros ingredientes deste prato poden ser: patacas, chourizo,costela,orella,...
5-As feiras do grelo máis próximas a Ferrol son: Monfero e As Pontes.

  O GRUPO GAÑADOR FOI BELMA. NORABOA!!!!




E AGORA PASAMOS Á ACTIVIDADE DA SEMANA QUINTA.




Vistos os problemas para resolver as preguntas nas previas semanas do concurso, pensamos que isto pode ser un problema relacionado, de novo, coa cociña. Máis ou menos. Estamos seguros de que todo é cuestión- perdoade a broma- dunha pasaxeira empanada..........mental. Asi que, como homenaxe, imos adicar hoxe o concurso á versión culinaria da mesma: A EMPANADA GALEGA
 1-A empanada galega é unha receita antiga. No Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago xa atopamos representacións da mesma, datadas no século.....

2-Una das súas vantaxes, xa naquela época, era a súa idoneidade para os viaxeiros. Por que?

3-Que tipos de fariña pode levar, tradicionalmente, a empanada?

4-Xa dixemos antes que hai referenzas antigas á empanada. Pero, cal é a máis antiga coñecida?

5-Non sabemos se algunha vez as probariades, pero... onde se poden atopar as máis famosas empanadas de lamprea?

                SORTE, E QUE A EMPANADA NOS VOS IMPIDA REMATAR AXIÑA!


RESPOSTAS DA QUINTA SEMANA

1-Século XII
2-Ao estar tapada, os ingredientes non se lixaban co po dos camiños.
3-As fariñas son trigo e millo.
4-A referencia máis antiga é dos godos, século VII.
5-As empanadas de lamprea máis recoñecidas son as de Arbo e Caldas de Reis.

      O GRUPO GAÑADOR DA SEMANA FOI  OS PATOS. NORABOA!!!!!


   Despedímonos ata dentro de dúas semanas, pois o próximo luns é LUNS DE ANTROIDO.










No hay comentarios: