Un bo xornalista debe tirar o título do seu artigo das palabras do entrevistado. Pois ben, da conferencia radiofónica á que onte tivemos o pracer de asistir, sen dúbida o cualificativo de visionario para o homenaxeado este ano no Día das Letras foi o titular que xenerosamente nos brindou o xornalista Tucho Calvo, autor de Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX.
O equipo de Catabois Radio foi o encargado de guiar a charla. Entrevistaon o entrevistador, quen contestando as súas preguntas nos foi ilustrando sobre a figura deste poliédrico galeguista concienciado de que Galicia é unha tarefa.
O alumnado de 3º e 4º asistiu como público da gravación deste programa. Puxéronlles cara ás voces que escoitan acotío pola megafonía do instituto, e participaron preguntándolle ao orador algunha das cuestións do pasapalabra que sobre Paz-Andrade se está a confeccionar e no que poderedes participar a partir da vindeiro luns.
Sen dúbida Tucho Calvo sería un gañador do concurso, e máis aínda, enriqueceu cada unha das respostas con novos datos e anécdotas da vida de este home clave do século XX.
Se queredes escoitar a entrevista aquí a atoparedes en breve.
E mentras agardamos polas Formigas, última obrade intriga e terror de Tucho, na biblioteca tedes á vosa disposición outros títulos del.
Gozade coa lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario