jueves, mayo 03, 2012
FEIRA DO LIBRO SOLIDARIA NO IES CATABOIS
Como remate da Semana do Libro convertemos o noso alumnado en libreiros ocasionais e contacontos apaixonados. Temos que felicitalos xa que, malia sermos un centro pequeno, temos unha vontade e bondade grandes e conseguimos unha recadación de....... 60 €, aos que o centro lles achega outros 100 € para repartir entre a Cociña Económica de Ferrol e o proxecto Bubisher.
Nesa mesma xornada, a rapazada tivo a oportunidade de achegarse un pouco máis á industria do libro e así, Carmela González, representante de Biblos Clube de Lectores falounos do proxecto Premios Biblos Pazos, destinados a autores maiores de 16 anos e menores de 25.
Tamén contamos con Miguel Toval, director editorial de Embora de Ferrol, para falarnos do proceso de produción do libro.
E para os convidados de excepción, axiña alumnos nosos, os rapaces e rapazas de 6º EP dos CEIP de San Xoán e de Pazos, unha sesión especial de contacontos da man das mozas e mozos de 4º ESO do noso centro que os fixeron sorrir, aplaudir e ata bailar.
As nosas perspectivas foron amplamente superadas tanto pola participación como pola recadación. De seguro que para o curso que vén, repetimos.
Gozade coa lectura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario